domingo, 3 de mayo de 2009

esmorga(ntes)




Como facía tanto frío e dormiamos moi apegados,non tiña máis remedio que escoitala,e a máis diso,tiña razón...E tanto me palicou que me fixo engradar,que endexamais unha muller me fixera engradar,fóra da miña nai,que as nais anque fagan engradar a un non é vergoña pra un home.E finou tendo razón nas verbas como a tiña decote nas carnes do seu corpo,que non me podo afastar dela por moito tempo e por moito que faga a Costilleta,que tamén sabe do seu...A Raxada, a máis deso ,ten un aquel no xeito das falas,que as vai ceibando solermiñamentes na orella,que ás vegadas son coasi coma se fosen só o alento...E faloume de si e do cativo e das cousas diste mundo cabrón...