
Boliña de queixo, ti que me ensinaches moitas máis cousas das que podes imaxinar. Ti que percorrerías o mundo (en furgoneta) por un pouco de tranquilidade e liberdade. Ti que meditas cada un dos movementos e cada unha das palabras. Ti, cabezón. Ti e a túa burbulla. Ti e o teu, o teu e ti e ninguén máis. Ti que valoras e criticas o máis pequeno dos detalles. Ti... marcha lonxe que eu non teño medo porque sempre chegará algún fin de ano que nos atope, e se iso non pasa, lémbrate das 11 uvas, esas que nos trearan a felicidade que tanto ansiamos.
Gracias por rescatarme, pero sobre todo gracias por querer chocolate naquela primaveira...